Fundetec e a Asociación Multisectorial de Empresas Españolas de Electrónica e Comunicacións (ASIMELEC) están a unir forzas para dar novos pulos á Sociedade da Información en España. Con este fin, veñen de asinar un acordo para desenvolver proxectos de investigación aplicada e innovación no eido da tecnoloxía e apoiar iniciativas encamiñadas a favorecer o movemento das TIC entre diversos sectores ou áreas de coñecemento. Segundo sinalan nunha nota de comunicación conxunta, colaborarán tamén organizando xuntanzas que sirvan para analizar e difundir diferentes materias vinculadas coa Sociedade da Información, amais de difundir as boas prácticas vinculadas ás TIC e presentar os resultados dos proxectos.
Fundetec e ASIMELEC colaborarán no afianzamento das redes en España
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter