A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo acollerá, do 29 de maio ó 1 de xuño, as Xornadas sobre Publicidade Marca Galicia, que afondarán na situación actual do sector publicitario en tódolos soportes e a necesidade que temos de xerar unha “marca de Galicia” propia.
Estas xornadas, contemplan a celebración de 3 conferencias e 5 mesas-debate nas que participarán divers@s profesionais do eido publicitario e creativo, entre os que o cómpre salientar ó presidente de B&P Conde, Miguel Conde Lobato e o comunicólogo catalán Joan Costa.
A participación é libre e de balde e pódese realizar a inscrición a través dun correo electrónico dirixido a club.inter.prensa@xunta.es.
A Universidade de Vigo organiza as Xornadas sobre Publicidade Marca Galicia
Compartir Este Artigo

