A Consellería de Cultura, en colaboración coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), vén de editar un catálogo, que recompila os títulos de literatura destinados a este público realizada ó longo de 2007, para poñelo a disposición dos usuarios en Internet.
Esta publicación servirá como plataforma de coñecemento e introdución de editoras e obras nas diversas feiras do libro de carácter internacional e en total recolle uns noventa e catro títulos representativos da literatura infantil e xuvenil galega.
Cultura e Gálix editan un catálogo para Internet de literatura para a mocidade
Compartir Este Artigo

