Ó longo dos días de hoxe e mañá (3 e 4 de maio), o recinto feiral de Ferrol (FIMO) acolle a III Xuntanza Tecnolóxica Empresa-Universidade Campus de Ferrol, unha xornada organizada pola Escola Universitaria Politécnica, a Escola Politécnica Superior e as súas delegacións de alumnos para facilitar o achegamento entre estudantes e empresas dos sectores tecnolóxicos do Campus de Ferrol (industrial e naval).
Ademais dos relatorios programados, entre os que destaca o do director xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario Galego, José Ramón Leis Fidalgo, a organización habilitará unha sala na que as empresas participantes instalarán postos informativos continuos e realizarán diversos obradoiros e presentacións.
Cita tecnolóxica para estudantes e empresas en Ferrol
Compartir Este Artigo

