A prensa de todo o mundo pareceu tolear ante a aparición de rumores de compra de Yahoo! por parte de Microsoft, o que levou ós sectores financeiros a mobilizarse, xa que contaban con que a compañía de Redmond mercase ó portal de Internet por uns 50.000 millóns de dólares, o que sería a cantidade máis elevada pagada nunca por unha empresa de Internet.
A posibilidade de que se pechase unha das operacións máis importantes da historia da Internet levou a que a Bolsa reaccionase, e as accións de Yahoo! subiron de xeito desorbitado, aínda que finalmente parece que non se van a producir movementos adquisitivos, senón que, como moito, se poderían pechar contratos de colaboración entre as dúas compañías para enfrontarse a un rival común: Google.
Yahoo! incrementa o seu valor bursátil por mor dos rumores de compra por parte de Microsoft
Compartir Este Artigo
