Preto de 250 empresas de Internet presentáronse á primeira edición do Startup 2.0, un concurso (do que xa falamos en días pasados) promovido por Alianzo, La Caixa e o SPRI para fomentar o apoio á creación de novas firmas innovadoras e á consolidación das mesmas. Un total de quince emprendedores de diferentes países europeos xa se clasificaron para a fase de selección de Madrid da primeira edición do premio e todos eles teñen en común o emprego da tecnoloxía 2.0 nos seus proxectos, unha tecnoloxía que axuda ós usuarios a ser elementos activos da Rede, compartindo recursos propios e participando arreo coas súas ferramentas.
O propio público e o xurado serán os encargados de seleccionar en directo ós 5 mellores proxectos dos 15 iniciais, de onde sairá o gañador, que será galardoado cun premio valorado en 10.000 euros.
Das 15 empresas seleccionados nesta primeira fase do concurso, 8 emprendedores son de España e 7 proveñen de países europeos. O proceso de peneirado quedou así:
- Panoramio: Xeoposicionamento de fotografías sobre mapas. España.
- 11870: Directorio dos propios usuarios sobre lugares de interese. España.
- Trivop: Xeradores de vídeos ó estilo YouTube para hoteis. Francia.
- Tupalo: Directorio xerado polos usuarios de lugares e persoas. Austria.
- Musorajanlo: Sistema de recomendación de películas e series de TV. Hungría.
- Nvivo: Rede social de eventos musicais. España.
- SoZiety: Sistema de aprendizaxe de idiomas a través de Skype. España.
- Properazzi: Buscador especializado 2.0 europeo de inmobiliaria. España-Francia.
- SlideBurner: Sistema para compartir presentacións en liña. Suíza.
- Sclipo: Xeradores de vídeos para compartir habilidades. España.
- Anywr: Sistema para xestionar contactos de axenda e Internet. Inglaterra.
- 5min: Sistema para compartir vídeos de habilidades. Israel.
- Questionform: Aplicación web para xerar formularios e enquisas. Portugal.
- Meneame: Filtrado social de contidos. España.
