A Axencia Info Salesiana (ANS), que dende o 1992 funciona como axencia de novas sobre o mundo salesiano e que nos últimos anos centra a súa atención nas informacións sobre a realidade dos mozos e mozas de 128 países do mundo, vén de inaugurar o seu novo sitio web accesible en seis idiomas.
Segundo informou a orde relixiosa nun comunicado a Europa Press, “a páxina tamén foi inscrita no Rexistro do Tribunal de Roma como xornal telemático” e será permanentemente actualizado por unha redacción central en Roma e por un amplo equipo de correspondentes en todo o mundo.
A Axencia Info Salesiana estrea novo sitio web
Compartir Este Artigo

