A entidade Turismo Rías Baixas, coa finalidade de informar sobre a orixe e a evolución dos plans de calidade turística implantados na provincia de Pontevedra, vén de anunciar a creación dunha nova web na que recolle as actuacións da primeira e segunda fase do seu Plan de Calidade.
Nesta nova páxina tamén figura unha listaxe dos establecementos adheridos ó devandito plan, coa información de contacto de cada empresa, institución ou lugar.
Riasbaixascalidadturistica.org conta ademais cunha intranet que permite ós usuarios adscritos ó Plan de Calidade deste organismo (dependente da Deputación de Pontevedra), acceder a datos de interese para o seguimento das directrices do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (Sicted), un manual de calidade implantado en 2005 naqueles establecementos que o solicitaron.
Turismo Rías Baixas permite acceder ó seu manual en liña Sicted
Compartir Este Artigo

