Vieiros
informa dos avances da iniciativa de promoción dun dominio galego na Internet, que vén de acadar a adhesión de tódalas cidades do norte de Portugal e Galicia,
ou sexa, das localidades máis importantes que conforman a euro-rexión coñecida coma Eixo Atlántico: A Coruña, Braga, Bragança, Chaves, Ferrol, Guimarães, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense, Peso da Régua, Pontevedra, Porto, Santiago de Compostela, Viana do Castelo Vigo, Vila Nova de Gaia, Vila Real e Vilagarcía de Arousa.
As devanditas poboacións súmanse así á Asociación PuntoGal para solicitar perante a ICANN un dominio de primeiro nivel para a
lingua e a cultura galegas, agardándose que o prazo para tal trámite se abra a comezos de 2008.
As cidades do Eixo Atlántico súmanse ó PuntoGal
Compartir Este Artigo

