Agardando a chegada da dobre celebración do Día das Letras Galegas e da Internet, a edición en papel de Código Cero chega ós seus puntos habituais de distribución (podéndose descargar tamén en formato PDF) nun número no que facemos o noso habitual repaso á actualidade tecnolóxica, así como recollemos algunhas reportaxes que consideramos do interese dos nosos lectores.
Neste número 53, coa colaboración da Consellería de Cultura, facemos repaso á situación da nosa cultura na Rede, entrevistamos a Rosa García (presidenta de Microsoft) e a Alfonso Gutiérrez (director xeral de Velneo), comentamos o polémico tema da especulación cos nomes de dominio de Internet, ilustramos sobre cómo Dimensiona combina a tecnoloxía co turismo rural, dos traballos da Deputación de Pontevedra en prol da administración electrónica, e tamén botamos a nosa ollada ós videoxogos máis actuais, sen esquecer un de fantasía heroica feita por galegos (Glest).
Amais destes temas, incluímos unha cobertura especial ó Día das Letras + Día da Internet + Día das Telecomunicacións, no que tratamos a figura de María Mariño, vemos cómo vive Portugal a festa das Letras, a conservación na Rede da nosa cultura oral e mesmo un relatorio de actos que terán lugar co gallo da celebración desta data tan especial para Galicia.
Novo número da edición impresa de Código Cero
Compartir Este Artigo
