Algúns blogs están a acadar unha relevancia tal que xa son o referente do seu sector, polo que a publicación dunha nova en Engadget no que se comentaba un rumor sobre un posible retraso para os novos lanzamentos de Apple (o iPhone e a vindeira versión do seu Mac OS X) produciu efectos moi importantes na cotización bursátil da empresa de Steve Jobs, que veu como as súas accións baixearon de 107,89 dólares a 103,42, ou sexa, máis de 4 dólares por acción en só 6 minutos, o que suporía unha perda para a empresa de 4.000 millóns de dólares, cando a información publicada non era máis que un bulo.
Esta nova, que xa se coñece informalmente coma o escándalo AppleGate, abre un debate sobre o poder dos blogs ante estas situacións. Dende Engadget corrixiron a nova tan pronto se lles notificou a súa falsidade, e un dos responsables do blog, Ryan Block, xa deu as pertinentes explicacións sobre o asunto, xustificando a publicación da información sen contrastar por ser unha primicia potencial, o que tamén podería minar a credibilidade do medio ante futuras informacións deste tipo.
Un rumor publicado nun blog afecta á cotización de Apple na Bolsa
Compartir Este Artigo
