O vindeiro mércores ás 17:30 horas celebrarase na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela unha
xuntanza de empresas interesadas na creación dunha Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, contando no evento coa presenza de Daniel Armendáriz, presidente da Asociación de Empresas de
Software Libre de Euskadi, que compartiría cos presentes a súa experiencia no País Vasco. Os organizadores do encontro perseguen
así a creación dun proxecto análogo para Galicia.
A ETSE acolle unha xuntanza da que podería nacer a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre
Compartir Este Artigo

