A consola portátil de Sony conta dende hai varios meses cun módulo que lle permite achegar prestacións de localización por satélite do que xa parece que atoparon un uso práctico interesante, pois no Xapón lanzaron Minna No Golf Jo, unha aplicación con mapas de 31 campos de golf nipóns (na área de Chiba, ó este de Tokío), de xeito que se poden empregar para saber en todo momento a posición do xogador, a distancia ata o green e mesmo ver percorridos a vista de paxaro de cada burato, así como para anotar as puntuacións dos xogadores, vendéndose a 9.980 iens (uns 60 euros) xunto co GPS para PSP (podéndose mercar de xeito separado por 5.980 iens).
Velaquí o anuncio do que sería este caddy virtual:
