Coa proximidade da Wordwide Developers Conference de Apple (que terá lugar en San Francisco do 11 ó 15 de xuño) dispáranse numerosos rumores sobre futuros lanzamentos da compañía de Steve Jobs.
Nun principio, agárdese a presentación pública do Mac OS X 10.5.0, tamén coñecido coma Leopard, que será a resposta de Apple ó Windows Vista, polo que se agarda que inclúa atractivas novidades, mentres que a nivel de hardware se fala da retirada dos iMac de 17 polgadas, do lanzamento de novos MacBook Pro (que finalmente incorporarían procesadores con tecnoloxía Santa Rosa e incluso pantallas retroiluminadas mediante diodos LED para reducir considerablemente o seu consumo).
No tocante o iPhone, todo apunta a que o WWDC non será a data de lanzamento do móbil multimedia de Apple, senón que agardará a finais do vindeiro mes, pero o rumor máis interesante afectaría a un produto que podería estar moi demandado pois, se ben o iPhone resulta moi atractivo, o seu alto prezo (550 dólares) o afasta da meirande parte dos consumidores (o que non quita que estimen vender 1 millón de unidades a tal prezo) e podería traducirse no lanzamento dun iPod coa tecnoloxía multi-tactil do iPhone por un prezo de menos de 499 dólares (incluso se atreven a apuntar un prezo de 399 dólares, o que podería resultar o suficientemente axustado como para converterse nun reprodutor estrela dentro dos dispositivos de alta gama baseados en disco duro.
Por outra banda, e tralo éxito que está a acadar o Apple TV (como dispositivo para achegar contidos multimedia ó televisor doméstico), se rumorea que 2007 podería ser o ano no que se descontinuasen os Mac mini, que estaban a ser uns produtos moi ben recibidos tanto coma Media Centers como para facer de segundos equipos.
O WWDC07 dispara os rumores sobre novos lanzamentos de Apple
Compartir Este Artigo
