Intel deseñou un prototipo de ordenador portátil en colaboración con Ziba Design que destaca polo seu pouco grosor, xa que o do Intel Mobile Metro Notebook é de menos de 2 centímetros, e o seu peso tamén é reducido (1 quilogramo).
O novo portátil contaría cun disco duro de memoria sólida que sería un dos elementos que contribuiría a darlle unha autonomía de ata 14 horas. Ademais contaría con conectividade Wi-Fi, EV-DO e WiMax.
O prototipo podería compararse en grosor a un móbil Motorola RAZR, o que o convertería no portátil máis delgado do mundo, aínda que a súa fabricación en masa non será posible ata 2008.
Intel amosa o prototipo do que podería ser o portátil máis delgado do mundo
Compartir Este Artigo
