
Este é o segundo ano no que se celebra o Día do Orgullo Friki, que nacía para reivindicar a figura das persoas que senten unha especial atracción por certas manifestacións culturais que inclúen a ciencia ficción, os comics, os debuxos animados,
os xogos de rol, os videoxogos e mesmo certos estilos de música e roupa que se poderían considerarse alternativos. Aínda que a celebración se está a converter nunha festa para toda unha comunidade especialmente activa na Rede, de xeito que no momento de escribir estas liñas había máis dun milleiro de blogs facendo referencia a este día, do que tamén quixeron tirar proveito dende algúns portais de Internet coma Ozú, que organizou unha festa física en Madrid e outra virtual en Second Life.
Pero os fundadores desta iniciativa, que se agrupan na web OrgulloFriki.com, tampouco están quietos este ano, e promoven moitas actividades coma un book-crossing friki, festas de disfraces, campionatos de xogos de rol e mesmo doazóns de sangue.
Temos así que, aínda que esta celebración aínda sexa incipiente, é unha das que máis repercusión mediática está a acadar, polo que moitos frikis poderán avanzar no seu obxectivo final: “dominar o mundo”.
O Día do Orgullo Friki celébrase dentro e fóra da Internet
Compartir Este Artigo
