
Ademais, o novo dispositivo permitiría ver unha canle mentres se está a gravar outra, polo que complementa o atractivo das emisións en directo co almacenamento dos programas favoritos para achegarse ó que sería a televisión á carta (pois permite ver os programas con independencia da súa hora de emisión).
O iPlus non só descodifica o sinal de Digital+, senón que tamén dá acceso ás canles dispoñibles de TDT, e está preparado para a recepción de televisión de alta definición (que chegará pronto a España) así como son Dolby Digital, co que os espectadores poderán aproveitar a potencia dos seus equipos audiovisuais actuais (que soportan calidades moi superiores ás da televisión estándar).
O novo receptor de Digital+ comezará a comercializarse en España a través do servizo de asistencia técnica oficial da empresa a partires do mes de agosto.
Digital+ estreará en agosto un descodificador con disco duro
Compartir Este Artigo
