O consumo televisivo á carta é un mercado moi atractivo e HP quere ter baza en tal negocio, polo que anuncia unha tecnoloxía que dá en coñecer coma HDTV 2.0 e que consistiría na integración en televisores de alta definición dun disco duro no que se poderían cargar contidos achegados da Rede (mediante conectividade Ethernet ou Wi-Fi) de xeito que se evitaría o uso dun Media Center, e se podería converter tamén nunha canle para a venda de contidos.
MediaSmart será o servizo de descargas de HP para os seus televisores, aínda que non se coñecen detalles do mesmo, pero parece que será un mercado con bastante competencia, posto que Sony tamén conta cunha tecnoloxía equivalente (a Sony Bravia Internet Video Link) e é de agardar que as novas consolas de videoxogos tamén entren na pugna por achegar vídeos ó televisor.
HDTV 2.0: a combinación da alta definición cun disco duro que descargue contidos da Rede
Compartir Este Artigo
