As tendas de Apple nos EE.UU. son toda unha icona comercial, de xeito que son os establecementos de electrónica máis atractivos e con máis sona, permitindo ós seus visitantes o uso dos seus equipos para coñecer a experiencia de uso dos Mac, de xeito que poden empregar os ordenadores para moitas actividades agás unha: visitar a web de MySpace.
A nova parece sorprendente, pero os responsables das tendas decatáronse de que os usuarios que empregaban os seus equipos para visitar a web de MySpace pasaban moitas horas acaparando os ordenadores, o que impedía ó resto de visitantes achegarse ós Mac, polo que a medida, pese a ser polémica, parece estar moi xustificada.
Hai que destacar que o uso dos ordenadores nas tendas Apple estaba a dar lugar a usos nada desexables por parte da empresa, como que a xente aproveitase as cámaras web integradas nos equipos para usar os Mac como cabinas fotográficas (posto que incluso podía retocar as imaxes captadas co Photoshop instalado nos ordenadores) e incluso se deu o caso da modelo Isobella Jadeco, que chegou a escribir un libro completo valéndose dos ordenadores dunha tenda neoiorquina de Apple.
Pero esta non é a única nova de Apple nestas datas, senón que tamén continúan os rumores relativos ó seu futuro iPhone, posto que dende un informativo da CNBC anunciaron que o novo dispositivo sairía á venda o 20 de xuño, aínda que no parece que sexa unha información claramente contratada.
Vetan a MySpace nas tendas de Apple
Compartir Este Artigo
