O xurado de Lingua de amor, orixinal concurso de declaracións de amor posto a andar o pasado 9 de Abril polo Consello da Xuventude de Galicia con motivo do Día das Letras Galegas e do Día Internacional de Internet, vén de anunciar xa os gañadores da súa primeira edición, na que (por certo) acadouse o milleiro de declaracións. Trátase de Rebeca Silva Trasbach que, coa declaración Por seres ti recibiu o primeiro premio, consistente nunha videocámara Mini DV Samsung VPD361 e máis nun lote de libros en galego.Pola súa parte, María Teresa Villanueva Gesteira quedou no segundo posto coa declaración Nós e, finalmente, coas verbas baixo o título E apareciches ti, a concursante Cristina Rey Piñeiro fíxose co terceiro.
Ademais, os 200 primeiros/as participantes do concurso foron galardoados cun agasallo cedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística consistente nunha memoria USB da campaña de fomento do galego E logo!.
O xurado estivo composto por cinco membros: Dolores Vilavedra, crítica literaria, que acudiu en representación do CCG; Azucena Rodríguez, secretaria xeral do CXG e que acudiu en representación de Dolores Rodríguez Amoroso, presidenta do CXG; a técnica do Servizo de Normalización Lingüística do CXG e os representantes da Libraría Couceiro e da Librería Follas Novas.
Tódol@s premiad@s recibirán os seus galardóns o vindeiro venres 1 de xuño ás 18:00 horas nun acto que terá lugar no Consello da Cultura Galega en Santiago.
Por seres ti, gañadora do concurso web Lingua de amor
Compartir Este Artigo
