A compañía musical EMI pechou un acordo con
YouTube para permitir que os vídeos musicais da discográfica se poidan ver
no servizo de vídeos de Google.
Dende EMI sinalaron que traballarán con Google para o deseño de novos modelos
de negocio que permite incorporar de xeito legal vídeos e actuacións dos seus
artistas en YouTube, mentres que dende YouTube se comprometeron a compensar
economicamente ós artistas polo consumo dos seus contidos no seu servizo.
Con este acordo, os seguidores de David Bowie, Coldplay ou Fat Boy Slim poderán
continuar a velos en YouTube sen medo a que EMI tome medidas legais (aínda que
a discográfica poderá solicitar a eliminación dalgúns contidos se o considera
preciso).
EMI chega a un acordo con YouTube
Compartir Este Artigo

