Dende a súa creación en 2002, Lulu.com xa publicou as obras de máis de un millón de autores e a súa media de ventas mensuais acadou os 200.000 exemplares. Agora, esta editorial de publicación e venta de libros a través de Internet, vén de converterse na primeira en concederlle á calquera persoa de a pé, “a oportunidade de publicar aquilo no que cre”, co que, segundo afirmou a Efe o seu fundador, Bob Young, “publicará máis libros malos que ningunha outra editorial no mundo, pero tamén libros moi brillantes que non verían a luz doutro xeito”.
A proposta de Lulu.com é cederlle ós autores todo o poder e control sobre as obras e segundo o empresario canadense, que tamén foi “cofundador” da compañía de software libre Red Hat Young, esta foi creada “aplicando o principio de Internet: a interconexión de usuarios”.
Lulu.com recibe en España 20.000 visitas diarias e no último mes acadou 500 novos autores en liña, co que o número total de autores que dispón na actualidade ascende xa a 9.000.
Para publicar en Lulu, o autor ten que rexistrarse na páxina, seleccionar o formato que desexe (libro de tapa branda ou dura, ou e-book), cargar os seu documento de texto orixinal, deseñar a cuberta e finalmente pedir un exemplar de mostra ou poñelo directamente a disposición dos lectores, todo iso sen costo algún.
Os libros adquírense a través da páxina web de Lulu e son enviados ós compradores como calquera outra compra en liña.
Ademais, en Lulu, son os lectores os responsables de avaliar a calidade das obras por medio de comentarios, recomendacións e puntuacións que se poden pendurar na páxina da editorial de xeito sinxelo e eficiente, a fin de que todo o poder da elección estea nas mans do lector e non do propietario.
A oferta desta editorial en liña tamén permite publicar fotografías ou ilustracións en varios formatos (álbum, calendario ou cómic) e creacións musicais ou películas en CD ou en arquivos “descargables”.
Lulu.com permítelle ós internautas publicar o seu propio libro
Compartir Este Artigo
