O produto máis agardado do ano, o iPhone, ten xa unha data de lanzamento nos EE.UU., que non se coñeceu por un anuncio oficial de Apple, senón directamente por un anuncio na televisión norteamericana (durante o programa 60 Minutes), polo que agora xa é vox populi que o 29 de xuño esta mestura entre un iPod e un móbil que presenta unha impresionante pantalla panorámica multi-táctil estará dispoñible ó público, aínda que só a través dun operador de telefonía (que require dun compromiso de permanencia de 2 anos) e a un prezo bastante prohibitivo (600 dólares).
O iPhone é un reprodutor multimedia do que tomarán exemplo outras compañías, especialmente pola súa interface de uso, pero que tamén destaca visualizando correo electrónico en formato HTML, vendo páxinas web e mesmo interactuando con servizos de mapas que serven a xeito de guía telefónica, polo que complementan dun xeito moi ilustrativo as súas funcións de teléfono móbil:
Aparte da data de lanzamento do produto tamén se coñece agora que o iPhone poderá sincronizar con iTunes e iPhoto e mesmo podería presentarse un kit de desenvolvemento de software para converter os widgets de Mac OS X para o seu uso no novo dispositivo, algo que agradecerán os usuarios do sistema operativo de Apple, que por outra banda tamén serán boa parte dos primeiros compradores no novo teléfono-reprodutor multimedia.
O 29 de xuño chegará o iPhone ó mercado norteamericano
Compartir Este Artigo
