Como xa anunciara, HTC presentou hoxe un novo terminal de telefonía móbil, que pretendería competir co iPhone de Apple a tenor da súa aparencia externa e as súas prestacións, xa que o HTC Touch conta cunha grande pantalla táctil que permite facer desprazamentos grazas á nota tecnoloxía TouchFLO.
O novo terminal funciona co sistema operativo Windows Mobile 6, integra 64 Mb de RAM e 128 Mb de ROM e inclúe unha tarxeta de memoria microSD de 1 Gb, a súa pantalla LCD de 2,8 polgadas ten unha resolución de 240 x 320 píxeles, unha batería de 1.100 mAh Li-Ion (que lle dá unha autonomía de 200 horas en espera e 5 horas de uso), inclúe unha cámara de 2 Mpíxeles e conta con conectividade Wi-Fi, Bluetooth e GSM/GPRS/EDGE. Mide 99,9 x 58 x 13,9 mm. e pesa 112 gramos.
Venderase en cores verde escura e negra estando xa dispoñible no Reino Unido e chegando este mes ó resto de Europa (a 449 euros).
A semellanza o iPhone é máis que evidente cando vemos o seu funcionamento no seu vídeo promocional:
O HTC Touch quere competir co iPhone de Apple
Compartir Este Artigo
