
Os chipsets Intel 3 Series (Bearlake) soportan memoria DDR2 de ata 800 MHz así como DDR3 ata 1.333 MHz e tecnoloxía PCI Express 2.0, son compatibles coa tecnoloxía Turbo Memory e tamén terán versións con gráficos integrados (G33 e G35 Express) que inclúen melloras na reprodución de vídeos pensando na alta definición, mentres que os modelos superiores incluso terán soporte de DirectX 10 (ou sexa, unha potencia 3D notable).
Sean Maloney, vicepresidente executivo de Intel Corporation, asegurou que están deseñando máis de 100 placas base e agardan que a súa nova familia de chipsets rexistre o crecemento máis rápido de toda a historia da súa empresa pois, “establecen unha base para permitir ós usuarios gozar dunha grande experiencia multimedia, tanto cos sistema existentes como cos que se presentarán ó longo do ano”.

Dende Intel consideran que os portátiles a prezos económicos contan co mercado suficiente para soportar a competencia, e comentou que están a traballar en equipos moi económicos a un prezo entre os 200 e os 300 dólares cunha pantalla de 7 polgadas, mentres que tamén contarían con modelos máis caros con pantallas de 10 polgadas. Agardan que tanto poidan empregar o sistema operativo Linux coma Windows XP.
Pero os ordenadores portátiles económicos non son os únicos que contarán con novidades, senón que o fabricante tamén está a preparar os procesadores Intel Core 2 Extrema, que sairía durante o terceiro trimestre de 2007 e se converterá no procesador de dobre núcleo con maior rendemento da compañía, así como continuará coidando o aforro enerxético.
Intel presenta novos chipsets no Computex 2007
Compartir Este Artigo
