A filial española de Universal Music vén de incorporar o seu catálogo á Rede a través da empresa galega Bluesens grazas a “unha alianza estratéxica que fará que o camiño entre consumidor e discográficas non estea tan separado coma nos últimos tempos” segúndo afirmou durante a presentación do acordo José Ramón García, presidente de fabricante galego de reprodutores de MP3 e outros produtos de electrónica de consumo.
Deste xeito, os consumidores que se fagan cun Blusens P15 ou P28 contarán cunha subscrición de 6 meses ó servizo de descargas legais Blugeneration, que conta co catálogo da Universal e Vale Music, ofrecendo unhas 100.000 cancións de artistas coma David Bisbal, Paulina Rubio, U2, Scissor Sisters ou Nena Daconte.
Os contidos descargados polo usuario poderanse reproducir no ordenador ou no reprodutor multimedia, pero non se poderán gravar en CD.
A galega Blusens leva á Internet a música da Universal e de Vale Music
Compartir Este Artigo
