Cada día que pasa, semella que as máis remotas e recoñecidas tradicións van atopando tamén o seu sitio (dalgún xeito ou doutro) en Internet. Logo dunha fin de semana de traballo incesante, os asiduos ó Corpus Christi de Ponteareas pudieron contemplar en directo o sorprendente resultado acadado na mañá do domingo: máis de 10.000 metros cadrados de motivos florais naturais cubrían as rúas desta vila Pontevedresa.
Sen embargo, o que se prevía como a edición máis seguida dos últimos anos, por celebrarse o 150 aniversario da memoria escrita da celebración, congregou onte a menos público “físico” do habitual aínda que compensado con creces polos visitantes que se achegaron virtualmente ó lugar a través da páxina corpusweb.org, que retrasmitiu o evento en directo pola Rede. Por primeira vez, con son incorporado e sen retardo, a asociación Corpus Christi Reveriano Soutullo, mostrou o seu traballo a través de Internet, por medio de dúas cámaras web que supliron a falta da retransmisión do evento pola televisión local da vila, que este ano, non se levou a cabo. Tamén a web de Turismo Rías Baixas acadou altas cotas de visitantes que incluso chegaron a colapsar o sitio nalgún momento ó longo do día de onte.
A webcam rexistrou o seguinte vídeo durante a procesión do Corpus:
Ponteareas recibe unha gran afluencia de público virtual no seu día do Corpus Christi
Compartir Este Artigo
