O principal provedor español de aloxamento de páxinas web, Arsys, recoñeceu que sufriu un ataque por un grupo de crackers, aínda que insistiron no feito de que os datos privados dos seus usuarios non estiveron comprometidos en ningún momento, contra o que publicou El País, onde se afirmaba que os piratas se fixeran cos datos de 120.000 usuarios españois.
No xornal non se informaba que Arsys era a empresa afectada, pero só dúas compañías deste tipo estaban no punto de mira polo seu volume de negocio (Acens e Arsys) e unha delas xa negara ser obxecto de ningún ataque informático, polo que Arsys tivo que confirmar o ataque que afectou ó 1,5% das webs hospedadas nos seus servidores.
Dende Arsys tamén reiteran o feito de que informacións coma números de tarxetas de crédito ou contrasinais non se viron comprometidas e denuncia o tratamento que deron algúns medios de información ó incidente, e que prexudican ó sector do hosting (especialmente porque nun primeiro momento non se citaba cal era a empresa afectada, o que disparaba os rumores).
A empresa de hospedaxe de páxinas web, Arsys, veuse afectada por ataque informático
Compartir Este Artigo
