Bottletalk e Cork’d son populares redes sociais para afeccionados ó viño, polo que non debería sorprender que apareza na Rede Coastr, unha nova páxina web dende a que os seus usuarios poden compartir os seus gustos cervexeiros.
Coastr permite consultar os comentarios realizados polos usuarios por país e por marca, e mesmo permite sinalar no mapa cervexarías de referencia. Deste xeito, as persoas que gustan da cervexa poden contribuír a esta base de datos achegando coas súas palabras as características de cada cervexa, o que pode ser de especial utilidade ó viaxar fóra da nosa localidade ou ó visitar unha cervexaría internacional.
Cervexa 2.0
Compartir Este Artigo
