
Keen denuncia a obsesión pola creación de blogs, o escaso control da calidade na Wikipedia e especialmente YouTube, o que considera que é unha plataforma para o exhibicionismo narcisista ou o complemento para o voyeurismo.
Na obra tamén se comenta a crise dos medios de comunicación tradicionais, que teñen que competir cos afeccionados, o que lles supón unha caída da circulación e dos beneficios, que os sume nunha crise, problema ó que habería que engadir a imposibilidade de distinguir a información da manipulación ou o rumor sen fundamento.
Pero non todo son críticas negativas, senón que o autor tamén fala moi positivamente de servizos coma Joost ou Brightcove, que considera importantes por manter a “división entre creadores e consumidores de contidos”.
Andrew Keen presentou o seu libro dentro dos eventos coñecidos coma Authors@Google:
Un libro denuncia que a proliferación de contidos de pouca calidade na Internet está matando a nosa cultura
Compartir Este Artigo
