Na actualidade existen máis de 60 millóns de blogs activos que abarcan todo tipo de xéneros e aplicacións, ós que se lle suman cada día, 175.00 máis creados en todo o mundo.
Pero esta ferramenta virtual, de fácil manexo, divertida e persoal, lonxe da inocencia que aparenta, ó igual que o tabaco, o alcohol ou mesmo as drogas, “é altamente aditiva e vén de converterse nun mecanismo de control do poder político”, segundo a opinión dos expertos en Comunicación Dixital convidados a participar no XIV Programa de Continuidade do Instituto Internacional Bravo Murillo, que se desenvolverá nas Palmas de Gran Canaria baixo o epígrafe “A Revolución da comunicación dixital”.
O devandito encontro contará coa participación do xornalista, profesor e experto en weblogs, José Luís Orihuela e co profesor de Sistemas de Información Laureano Berasategui, os que impartirán cadanseus relatorios o vindeiro 20 de xuño no Hotel Escola de Santa Bríxida a partires das nove da mañá.
Precisamente, unha das claves do éxito dos blogs, segundo Orihuela é a “adición que provocan” no internauta así como a facilidade do seu manexo e a temática tratada, que soe ser divertida e persoal.
Expertos en Comunicación Dixital advirten da adición que provocan os blogs
Compartir Este Artigo
