Este mércores ás 17:00 horas, o Club Financeiro de Vigo acollerá unha xornada de traballo do Foro da Sociedade da Información na que se tratarán as vantaxes do marketing dixital fronte ó tradicional.
No evento, Silvia Vázquez Lorenzo, responsable de contidos de La Nuestra Comunicación Publicitaria, relatará a experiencia da súa axencia coa campaña gañadora do premio EGANET á mellor campaña publicitaria na Rede.
Baixo o título de Comunicación Persuasiva: la herramienta Internet, Silvia Vázquez analizará a nova publicidade na Rede e destacarás as últimas tendencias do sector en Galicia a través de varios exemplos.
No encontro tamén participará José Manuel Alarcón, director xeral de Krasis, empresa líder en formación tecnolóxica, que tamén será moderador da xornada, así como Daniel Alguacil, director e fundador de it-spain.net e María del Rosario Fernando Magarzo, directora da asesoría xurídica de Autocontrol e profesora titular da UCM.
O Foro SI analiza o Marketing e a Publicidade na Rede
Compartir Este Artigo
