
Pero como de premios non se vive, os produtores do videoblog parece que atoparon un xeito perfecto de financiar as súas actividades, pois pecharon un acordo coa empresa de coidado da pel Neutrogena, de xeito incorporarán ós vídeos
un novo personaxe, un científico que traballaría para a empresa, e que axudaría a Bree a localizar a un amigo secuestrado.
Este tipo de promoción nun vlog non ten precedentes, e sería un expoñente do traspaso do investimento publicitario da televisión á Rede, indo moito máis aló do tradicional product placement. Dende Neutrogena atoparon interesante investir no vlog de Jessica L. Rose porque atrae a un público mozo, ou sexa, ós seus clientes potenciais, polo que agardan que os afeccionados saiban apreciar este xeito de colaboración entre a empresa cosmética e os creadores deste éxito da Internet.
Neutrogena patrocinará o vlog de LonelyGirl15
Compartir Este Artigo
