
Soriano quere promover así a figura do software legal, pois afirma que a “piratería non é rendible para ninguén” (pois prexudica a fabricantes, distribuidores e usuarios) e supón un importante freo para a incorporación á Sociedade da Información así como é un importante atranco para a innovación.
Anuncio da campaña Software 100 por 100 legal |
O Ministerio de Industria incorpora esta campaña no Plan Avanza, e diríxese á canle de distribución de software porque é o que consideran que pode dar uns resultados máis inmediatos e efectivos, aínda que no futuro incrementarán as súas actividades nesta dirección, posto que a campaña Software 100 por 100 legal se espallará no tempo.
A campaña xa ten unha páxina web, e dende o Ministerio de Industria tamén emprenderán outras vías de concienciación sobre a problemática da piratería de software, como a edición de boletíns, accións de marketing, encontros con profesionais e mesmo a creación dun selo de calidade que dea seguridade ós consumidores informando dos distribuidores e empresas que garanten o uso de software legal.
Precisamente a seguridade foi un dos elementos que destacou Salvador Soriano en A Coruña, incidindo no feito de que o software descargado a través de redes P2P inclúe no 68% dos casos algún efecto non desexado (spyware ou malware) polo que recomendou o uso de software legal xa que así non se pon en risco a información almacenada nos nosos equipos informáticos ante virus ou troianos, ou calquera outro efecto imprevisto do uso de aplicacións informáticas de procedencia pouco fiable.
