Co obxecto de facilitar e ofrecer unha información medioambiental de calidade ós cidadáns a dirección xeral de Desenvolvemento Sostible renova a web do Sistema de Información Ambiental, dende a que se pode acceder ós contidos relativo ó medio ambiente.
O novo portal foi presentado hoxe polo conselleiro Manuel Vázquez e o director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández, e incluirá tamén un boletín electrónico de información ambiental no que se poderán consultar dende convocatorias a novidades e normativas, que se irán renovando diariamente e que se poderán recibir por correo electrónico.
| Vídeo de AGN gravado durante a presentación da nova web |
A nova web do SIAM inclúe os seguintes contidos:
– Información meteorolóxica da nosa comunidade, a través de MeteoGalicia
– Información sobre auga, aire, medio natural, indicadores ambientais (novo), plans e programas e sostibilidade local
– Lexislación ambiental: o obxectivo é manter actualizada a base de datos para normas relacionadas co medio ambiente tanto da comunidade autónoma, como dos boletíns provinciais, o Boletín Oficial do Estado (BOE) e o boletín da Unión Europea
– Cartografía: neste apartado recóllense unha serie de mapas nos que se amosa información relacionada co medio ambiente cuxa interpretación está directamente relacionada coa súa situación xeográfica
– Estatísticas de Información Ambiental
– Publicacións
– Boletín de Información Ambiental
