A prestixiosa multinacional IBM, vén de anunciar a iniciativa de investigación dunha nova tecnoloxía que, incorporada ós vehículos, reduce conxestións de tráfico e evita accidentes.
A devandita tecnoloxía, que se dirixe a promover elementos de seguridade activa nos automóbiles, permitiralle ós mesmos actuar como se tivesen reflexos automáticos incorporados. Deste xeito, os vehículos intercambiarán información con outros automóbiles do entorno e coa infraestructura das estradas, iniciarán acción correctoras cando sexa preciso e proporcionarán información esencial ós conductores.
Ademais, esta tecnoloxía evitará que o conductor deba reaccionar manualmente ante situación complexas, de xeito similar a como actúan as tecnoloxías existentes como a transmisión automática, os freos antibloqueo e os sistemas de control de velocidade.
Os vehículos intelixentes que incorporen esta tecnoloxía recibirán información do entorno e serán quen de reaccionar, máis rapidamente que os humanos, ós cambios que se produzan nas estradas como se estivesen dotados de reflexos.
Grazas a estes reflexos electrónicos, máis rápidos que os dos conductores, os vehículos poderan circular máis cerca uns de outros con total seguridade e mellorar a circulación, sen embargo, “será o conductor o que manteña o control da situación en todo momento”, segundo explicou o impulsor do proxecto, Dan Chevion, “pero tomará decisións máis acertadas grazas á información recibida por parte do vehículo”.
Sempre que un vehículo leve a cabo unha acción correctora, o conductor recibirá información precisa mediante, por exemplo, un incremento da resistencia do acelerador ou unha presión do volante en determinado sentido. Os conductores de máis de 500 vehículos (que contarán con esta tecnoloxía só no hemisferio norte), tamén poderán recibir avisos visuais ou auditivos e difundir información sobre a súa poscición no entorno.
IBM traballa nunha tecnoloxía que dota de reflexos ós automóbiles
Compartir Este Artigo
