Datos da consultora Hitwise amosan que YouTube achega máis visitas que tódolos
seus competidores xuntos. Así, mentres YouTube
incrementou as súas visitas un 70% durante os primeiros 5 meses do ano, os
seus principais competidores só o fixeron un 8%, o que confirma á filial de
Google nunha posición dominante cun 60,02% das visitas de servizos de publicación
de vídeo nos EE.UU., seguido de MySpace co 16%, de Google Video cun 7,81%,
Yahoo Video co 2,77%, MSN co 2,09%, Break.com co 1,33%, Daily Motion co 1,13%,
MetaCafe co 1,07% e AOL Media co 0,94%.
YouTube continúa a liderar os servizos de vídeo na Rede
Compartir Este Artigo
