
Ante a alarma suscitada, Microsoft decidiu reaccionar estendendo a garantía das consolas a 3 anos, o que lle podería supor uns 1.000 millóns de dólares en custos de reparación.
Esta medida se aplicará tamén retroactivamente, ou sexa, que os usuarios que tiveron que reparar a súa consola fóra de garantía recibirán o reembolso dos gastos de reparación pagados.
Con esta medida Microsoft busca gañar a confianza dos usuarios, pois a consola xa vendeu uns 11,6 millóns de unidades (de xeito que ten unha penetración bastante superior á da PS3) e quere manter o ritmo de vendas (o que non conseguirían un público temeroso das avarías).
Microsoft estende a garantía das Xbox 360 a 3 anos
Compartir Este Artigo
