O rumor da rebaixa da PS3 de Sony se confirma, de xeito que o modelo que inclúe un disco duro de 60 Gb custará 100 dólares menos nos EE.UU., oficializándose tal prezo este martes.
Pero non será a única novidade de Sony, pois tamén levará o modelo de 80 Gb ós norteamericanos, que se venderá a 599 dólares (o que viña custando o modelo de 60 Gb) aínda que deberán agardar ó mes de agosto para facerse co novo modelo da consola que só se estaba a vender en Corea. Para que un incremento de prezo de 100 dólares por só 20 Gb máis de capacidade non supoña un atranco, Sony tamén incorporará o xogo MotorStorm coa nova edición da PS3.
Esta redución de prezo responde directamente á mala acollida que está a ter a nova consola de Sony, que só vendei 82.000 unidades no mes de maio en EE.UU., o que case dobrou a Xbox 360 (con 155.000 unidades) e cuadriplicou a Nintendo Wii (con 338.000 consolas vendidas). De feito, a propia PS2 vendeu 188.000 unidades, polo que o estadounidenses parecen ter reservas no salto á nova xeración de consolas de videoxogos mentres os prezos non sexan máis populares.
Sony rebaixa a súa PS3 nos EE.UU.
Compartir Este Artigo
