Sony continúa a maltratar ós usuarios europeos, que non só contamos cunha consolas PS3 de menos potencia que o resto do mundo senón que pagamos máis pola mesma, pois a compañía nipona anunciou que non reducirá o prezo da súa consola no Vello Continente, senón que comercializará un Starter Pack que incluirá máis extras polo mesmo prezo.
O PS3 Starter Pack incluirá unha consola PS3 cun disco duro de 60 Gb, 2 mandos de xogo Sixaxis e os xogos Motorstorm e Resistance: Fall of Man, e se venderá a 599 euros a partires do 26 de xullo, o que para Sony é unha oferta moi boa pois tal paquete estaría valorado en 770 euros.
Este novo paquete presentouse durante o E3, e podemos asegurar que non parece que vaia a ter moita repercusión nas vendas, pois a Xbox 360 e a Nintendo Wii continúan a ter prezos moi inferiores á última consola de Sony, que destaca máis polo seu prezo elevado que polas súas impresionantes prestacións.
A PS3 non baixará de prezo en Europa
Compartir Este Artigo
