Os
laboratorios SPI detectaron un fallo de seguridade no navegador web Safari incorporado
no iPhone de Apple valéndose da capacidade do teléfono para marcar
directamente os números telefónicos que se ven nunha web.
Así, sería posible facer código malicioso que reenvíe unha chamada a números
indesexados, rastrexar as chamadas efectuadas polo usuario, manipular o
terminal para que faga chamadas sen o consentimento do usuario e impedir que se
marquen números telefónicos no iPhone (bloqueando o terminal).
Detectan un importante fallo de seguridade no navegador web do iPhone
Compartir Este Artigo

