
Traballo aposta así por un novo modelo de xestión das demandas de emprego centrado nas propias oficinas, que facilitará as tarefas de procura de emprego dos demandantes poñendo en contacto directo ós empresarios cos posibles traballadores.
Entre outras cousas, este portal permitirá tamén a automatización da renovación da demanda, a xestión de información e solicitude de formación ocupacional e continua, a modificación de datos do currículo e o acceso e presentación a ofertas de emprego.
O conselleiro de traballo, Ricardo Varela, estableceu como obxectivo desta ferramenta “a atención eficaz e de calidade, de cara a incrementar progresivamente as taxas de intermediación laboral” e baixo esta premisa, a devandita Consellería pretende estender ó longo de 2007 os itinerarios personalizados de inserción aos demandantes que o precisen así como dotar ó Servizo Público de Emprego “do persoal necesario para o cumprimento das súas funcións”.
Esta ferramenta suporá, a fin de contas, considerables vantaxes e aforro de tempo tanto para os demandantes como para os empresarios e as propias oficinas de emprego, que poderán mecanizar tarefas e axilizar trámites.
Traballo presenta un novo portal de emprego que permite realizar trámites a través da Rede
Compartir Este Artigo
