Aínda lembro cando, sendo eu unha nena, tiña que desprazarme con miña nai ata o teléfono público máis próximo, situado a máis de tres quilómetros, para falar coa nosa familia de Arxentina. Moito cambiou o conto dende entón; non só tódolos fogares da vila teñen teléfono fixo, senón que cada un dos veciños posúe un teléfono móbil ó que recorren mesmo para chamar ó veciño de en fronte.
Iso si, as chamadas internacionais seguen a ter uns prezos desorbitados comparados co que nos costa enviar un correo electrónico ou conversar mediante o “messenger” ó longo de horas, pero é que a posibilidade de escoitar a voz dos nosos seres queridos a través do aparello semella un aliciente para gastar uns cantos euros ó mes chamándoos por teléfono.
Porén, cómpre sinalar que hai servizos en marcha na Rede para poñernos as cousas un pouco máis doadas, sobre todo no senso económico. É caso das ferramentas ofrecidas por Yollamogratis.com: chamar ó estranxeiro pódenos saír completamente de balde se seguimos as súas instrucións polo miúdo.
Yollamogratis permítenos realizar ata 3 chamadas diarias dun máximo de cinco minutos de duración cada unha a unha listaxe ben numerosa de países. Pódese chamar dende calquera teléfono fixo do mundo e o servizo selecciona, de entre os distintos servidores, aquel VoIP que estea menos conxestionado, de xeito que se poden facer as chamadas coa mellor calidade dispoñible.
Segundo afirman, non se trata dunha broma nin dun timo é aseguran que é rendible “grazas á publicidade que se mostra ós lados do formulario de chamadas”.
Para volver a facer uso do servizo (e superar as tres chamadas permitidas) basta con saír e volver a entrar na web.
Yollamogratis.com.ar: novo servizo para realizar chamadas de balde ó estranxeiro
Compartir Este Artigo
