Logo de tan só nove meses no mercado, a empresa galega Logistia.com vén de comunicar o seu afianzamento no seu segundo posto, a nivel español, entre as empresas que achegan un servizo de bolsa de cargas ós transportistas.
A devandita entidade acadou en pouco tempo diferenciarse da competencia grazas á súa aposta por ofrecer un servizo personalizado e polo compromiso cos seus clientes; proba diso, segundo os seus responsables, “é a confianza que máis de 3.000 empresas depositaron nela para resolver os seus problemas de tráfico”.
Logistia.com é a primeira empresa de tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) de Galicia que se dedica á xestión dunha bolsa de cargas e camións a través de Internet e foi concibida co obxectivo de poñer a disposición dos seus clientes un completo centro de negocios, onde calquera transportista pode atopar os servizos que precisa a través das ferramentas dixitais.
Este servizo por Internet a través da páxina web complétase coa atención telefónica ó cliente de xeito personalizado.
A galega Logistia.com acada o segundo posto entre as empresas españolas do seu sector
Compartir Este Artigo
