A copia da película amosa unha calidade de imaxe pésimaDin que unha cadea é tan forte coma o seu eslavón máis feble, e a película cinematográfica dos Simpson atopou nas salas de exhibición checas o seu talón de Aquiles, de xeito que nas mesmas gravaron unha proxección do filme que agora se atopa na Internet (e que serve de base para a incorporación de dobraxes a moitas linguas). Os responsables de The Pirate Bay simpsonizáronse para celebrar a estrea da películaA loita contra a piratería resulta moi difícil, pero dende a Fox non poden ocultar o seu enfado (pois tomaran moitas medidas de seguridade, aínda que a máis importante sería a estrea mundial da obra), aínda que podemos asegurar que as copias que circulan pola Rede non pagan a pena, pois amosan unha calidade de imaxe realmente nefasta, xa que están tomadas cunha cámara de vídeo doméstica. A versión checa da película apareceu en múltiples buscadores de ficheiros na rede BitTorrent (incluíndo a The Pirate Bay, que mesmo estreara unha nova imaxe para celebrar a estrea da película dos Simpson) polo que dende a Fox xa aseguran que deberán tomar medidas no futuro para as estreas na República Checa, país no que o asunto comeza a ser escandaloso, posto que nos pasados días comezou a circular pola Internet unha copia do filme Vratné Lahve do que só se fixera unha copia en DVD para que a revisara o Departamento de Cultura estatal.