
Por iso, a pasada semana a concelleira viguesa de Educación, Laura López Atrio, acudiu a pasada semana á praia cun ordenador portátil para amosar o funcionamento deste tipo de conexión, destacando a súa utilidade para persoas que teñan algún traballo pendente, xa que non se tería que renunciar a un día de praia por ter que atender ó correo electrónico ou enviar un documento, xa que o Wi-Fi permite achegar o traballo ó areal vigués. A concelleira tamén adiantou que aínda que conexión en Samil remate en setembro van a “buscar lugares nos que achegar a conexión á Internet de balde de cara ó inverno”.

De tódolos xeitos, a críticas ó servizo non cesan, pois hai quen considera que a praia non é o lugar máis axeitado para levar un ordenador portátil (nin a auga nin a area non fai moito ben ós trebellos tecnolóxicos) e ós que apostan polo uso da conexión Wi-Fi dende outros dispositivos podería errar nas súas cavilacións xa que para o acceso á Rede mediante o sistema actual é preciso autentificarse mediante unha páxina web (á que non poden acceder moitas consolas de videoxogos que si poderían tirar proveito desta conexión).
A conexión Wi-Fi na praia de Samil non triunfa
Compartir Este Artigo
