Os cambios que sufrirá o canon dixital trala aprobación dunha nova Orde Ministerial que o regulará veñen de adiantar varios medios do Grupo PRISA, que publican que se reducirá en CD e DVD mentres que se engadirá a outros soportes.
Así, os CD gravables que pagan 0,21 euros e DVD gravables pagaran 0,60 euros en concepto de compensación por copia privada pasarán 0,15 e 0,24 euros respectivamente, pero por outra banda os móbiles pagarán entre 1 e 1,5 euros por terminal, de xeito que serían a segunda fonte de ingresos por este concepto (tralos discos gravables). Tamén sabemos agora que os equipos con gravadoras de discos pagarán o canon, mentres que os discos duros estarán expresamente libres do canon dixital.
Segundo parece, as entidades de xestións de dereitos de autor non están moi conformes coa nova regulación, polo que o Goberno se podería ter comprometido a que, se no primeiro ano de funcionamento do novo canon non chegasen a 75 millóns de euros por este concepto se lles compensaría en anos posteriores.
As asociacións de consumidores, pola súa banda, están moi contrariados por estas novas mediadas, xa que estiman que aplicar un canon ós móbiles é un auténtico abuso, xa que o uso principal destes dispositivos é falar por teléfono e non almacenar contidos suxeitos a dereitos de autor e, menos aínda, á copia privada, o que fai que paguen xustos por pecadores.
Publican os detalles do que será o novo canon dixital
Compartir Este Artigo

