Segundo datos dun estudo publicado por ZenithOptimedia sobre publicidade nos medios de comunicación, o investimento publicitario en Internet medrará un 29,9 por cento ó longo deste ano (9 veces máis ca no resto dos medios) e un 85 por cento antes de 2009.
As cifras son arrepiantes: “Os ingresos por publicidade en Internet en EE UU acadaron un novo máximo de preto de 10.000 millóns de euros”, o que supera nun 27 por cento o acadado no pasado ano e que non deixa de ser unha proba máis da velocidade coa que o gasto nos mercados se está dirixindo cara á Rede, en detrimento doutros medios tradicionais.
Neste senso, ZenithOptimedia sinala que a televisión está perdendo peso en EE UU e Europa Occidental principalmente por dous grandes retos: a migración de telespectadores das canles xerais ás temáticas e a competencia de Internet.
As súas previsións para 2008 son que “o investimento publicitario neste medio baixará ata situarse nun 32,4 por cento en Norteamérica en un 30,4 por en Europa Occidental”.
A prensa tamén se resinte pola competencia de Internet e segundo a consultora, “a participación no total do investimento publicitario nos diarios baixará dende un 29 por cento en 2006 a un 26,2 por cento en 2009”.
Internet aumentará nun 85% a súa parte do pastel publicitario antes de 2009
Compartir Este Artigo
