A empresa dedicada á comercialización de solucións de impresión, Kyocera, ven de organizar un concurso para atopar a copiadora ou impresora máis antigua de Europa que a día de hoxe aínda se manteña en activo.
Este concurso está aberto a calquera persoa que desexe participar e que dispoña dun equipo (copiadora ou impresora) da marca Kyocera ou Mita, coa única condición de poder probar que aínda se mantén en activo.
O procedemento a seguir para participar nesta pioneira iniciativa é entrar na web de Kyocera e encher o formulario cos datos que alí piden, sen esquecer introducir o modelo e número de serie do equipo para poder comprobar con total exactitude o ano de fabricación do mesmo. Este espazo está habilitado dende o pasado 16 de outubro e manterase aberto ata o vindeiro 30 de novembro, data na que finaliza o prazo de inscripción.
Tódalas candidaturas recibidas dende os distintos países serán estudiadas por un xurado internacional da empresa organizadora e, logo de comprobar o correcto funcionamento dos dispositivos presentados, decidirán cales son os gañadores.
Estes últimos recibirán distintos premios dependendo do posto que acaden nesta competición e tamén de se se trata dunha impresora ou dunha copiadora.
Os equipos gañadores serán expostos permanentemente na sede europea de Kyocera en Alemania.
Kyocera busca a impresora máis antiga de Europa a través dun concurso
Compartir Este Artigo

