A Consellería de Innovación fixo público o investimento en materia de pulo ás tecnoloxías da información (TIC) para o vindeiro ano. Serán 164 millóns de euros, formando parte dun orzamento total de 369 millóns de euros para as actividades e proxectos do devandito departamento e que supoñen unha subida do 7,41% con respecto ás cifras de 2007. Estes presupostos, que foron dados a coñecer polo secretario xeral da Consellería, Emilio Nogueira, emprestan especial atención ó afianzamento das redes en todos os eidos da sociedade galega: dende favorecer o seu emprego a nivel familiar ata propicialo en todos os elos da cadea produtiva das empresas, sexan do sector que sexan.
A idea, segundo fixo saber Nogueira, é acadar unha Galiza “competitiva e desenvolvida económica e socialmente”. Polo que respecta á Investigación e ó Desenvolvemento (I+D), cómpre sinalar que o obxectivo da Consellería de Innovación é converter a este binomio no “motor” deste proceso de modernización, “o que se reflicte nun incremento dos recursos destinados á I+D (9%) superior ó medre medio dos orzamentos da Xunta, cun total de 135 millóns de euros”.
Innovación investirá 164 millóns de euros en afianzamento das novas tecnoloxías
Compartir Este Artigo

